Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas propón a Correos ofrecer tarifas especiais nos envíos ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’

Diego Alonsoreunion-mercamarinas-correos
Diego Alonso, José Manuel Costa e Fernando Mohedano
Camariñas propón a Correos ofrecer tarifas especiais nos envíos ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’

Unha das posibilidades que quere abrir o Concello de Cmaariñas no proxecto de dinamización do tecido comercial local “MerCamariñas” é a venda online. E para iso, o Concello vén de comezar as relacións con Correos, para intentar ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos ás tendas adheridas á iniciativa.

A concelleira Lara Pasantes explicou que “queremos abaratar os custes dos envíos aos establecementos para que as vendas que fagan a través da plataforma lles sexan máis rendibles”. De aí a reunión de Diego Alonso, responsable da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, co xefe de sector de Correos, José Manuel Costa, e o director da oficina de Correos en Camariñas, Fernando Mohedano.

Desde a empresa de envío explicaron que están a preparar unha oferta cunhas tarifas especiais das que todos os comercios integrantes de MerCamariñas se podan beneficiar. Ademais, estanse a estudar outros beneficios para todos os comercios adheridos á central de ventas en caso de que sexa finalmente Correos a empresa que se encargue do servizo de envíos da plataforma.

Novas relacionadas

Comentarios