Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas reactiva ás empresas locais

Camarinas reactivase
Camariñas reactiva ás empresas locais
O Concello lanza a campaña #CamariñasReactívase para potenciar e dinamizar as empresas locais A primeira fase do plan será detectar e difundir o traballo das empresas que seguen abertas durante o Estado de Alarma. Nunha segunda fase, a Axencia de Desenvolvemento Local poñerase en contacto con todas as empresas do municipio para poñer en marcha o plan de reactivación económica. Unha das prioridades do Concello de Camariñas é apoiar ao sector empresarial do municipio, que está a vivir uns tempos moi difíciles debido as restricións provocadas pola expansión da COVID-19.

Ponse en marcha a campaña #CamariñasReactívase, que ten como obxectivo principal potenciar e dinamizar as empresas locais que seguen traballando e loitan para manterse vivas.

A primeira acción será a difusión dos seus negocios a través das redes, coas contas do Concello espallando as mensaxes cos co cancelo #CamariñasReactívase.

Ademais de compartilo nas redes municipais, cos datos obtidos o Concello elaborará unha lista dos establecementos que continúan ofrecendo os seus servizo durante o Estado de Alarma que posteriormente distribuirá entre a poboación. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese mandar un correo electrónico a [email protected], consultar a web municipal ou chamar ao teléfono 653 264 990.

2ª fase

A segunda fase do #CamariñasReactívase ten que ver co plan de reactivación económica no que están a traballar todas as Axencias de Desenvolvemento Local da Costa da Morte.

Para coñecer as necesidades reais do tecido empresarial, desde o comité de traballo do Plan poñeranse en contacto co tecido empresarial, social e produtivo de todo o territorio a través de cuestionarios, enquisas ou entrevistas.

Para iso, desde a ADL de Camariñas necesitan confirmar que teñen os datos de contacto actualizados de todas as empresas do municipio, tanto as que están agora abertas como as pechadas.

Novas relacionadas

Comentarios