Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Camariñas recupera as historias de naufraxios

Camariñas recupera as historias de naufraxios
naufraxios-camarinas A vindeira fin de semana levaranse a cabo en Camariñas unha serie de actos en memoria dos naúfragos da Costa da Morte e do Serpent. O programa, argallado polo concello, arranco o venres con relatorios nos distintos bares da vila (dende as 19 horas) e cunha representación teatral no Cemiterio dos Ingleses (ás 21 horas). Xa o sábado terá lugar a "Ruta dos Naufraxios" quue arranca ás 11 horas dende o Cemiterio dos Ingleses. O paseo marítimo acolle unha exposición sobre o Serpert e en varios bares da vila distintos expertos contarán historias ao redor dos naufraxios. O programa remata o domingo coas "Lembrazas dos naufraxios" que consiste en varios relatorios en distintas localizacións. Neste programa participan varios bares de Camariñas (A Ría, Bolboreta, Confitería Camariñas, Club Naútico, Curbeiro, O Bico, O Percebe, Pinar e Victoria) e os relatorios, as testemuñas e reflexions correrán a cargo de Rafael Lema, Cristina Fernández, Bernardino Martínez, Fernando Patricio, Marisol Soneira ou Jose Luis Blanco. Ademais haberá tempo para a música da que se encargarán a asociación Amas de Casa e as  pandereteiras de Cansoliño.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios