Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas une o seu Encaixe en Italia para conseguir convertilo en Patrimonio Inmaterial da Unesco

Camariñas une o seu Encaixe en Italia para conseguir convertilo en Patrimonio Inmaterial da Unesco
O Encaixe de Camarinas en Italia O Encaixe de Camariñas en Italia

Ata a XXX Mostra de Encaixe de Novedrate, en Italia, desprazouse unha expedición do Concello de Camariñas. O n camariñesa está formada polo segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e dúas palilleiras, que montaron un chamativo posto informativo antes da inauguración. Hoxe, venres 5 e ata o luns pasarán pola mostra centos de persoas interesadas no mundo da moda, e aí estará a expedición camariñá facendo valer o proceso de transformación dunha artesanía centenaria nun auténtico produto de moda.

No posto os visitantes poderán atopar encaixe aplicado ao enxoval doméstico, a complementos de moda, comunións e bautismos. Ademais, haberá demostracións do traballo das palilleiras de Camariñas, folletos turísticos e exposición de produtos da zona.

O luns, 8 de outubro, finalizará a Mostra cunha conferencia na que se expón a proposta das asociacións participantes para conseguir que o encaixe sexa recoñecido como patrimonio inmaterial da UNESCO, e á que se suma o Concello de Camariñas.

Comentarios