Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas vístese de gala para o seu Martes de Entroido e o Enterro da Sardiña

Camariñas vístese de gala para o seu Martes de Entroido e o Enterro da Sardiña
Entroido Camarinas 2018 O martes 13 Camariñas combaterá a mala sorte co humor do coñecido cómico Pedro Brandariz . O coñecido actor-clown- cabareteiro presentará e conducirá co seu enxeño natural o concurso de comparsas. O evento realizarase no pavillón municipal ás 18:00h, as comparsas farán previamente un desfile pola rúas que sairá da praza do Concello ás 17:00h. Premios seguros de ata 200€ só por participar e ademais 500 para a agrupación máis valorada e 300€ para o segundo posto. A diversión está garantizada.

Ese será o día grande, pero durante a fin de semana haberá festas polas parroquias.
O sábado 10 de febreiro terán un circuito de inchables, chocolate e orellas. Será ás 17:00 no Pavillón Municipal da Ponte do Porto.
O domingo 11 terán a festa de entroido en Xaviña. Será ás 17:00 e baixo unha gran carpa na Praza da Igrexa terán un animado concurso, música e risas. Tamén haberá chocolate e orellas, por suposto.
O luns 12 será o turno de Camelle. No Museo do Alemán e ás 17:00 faremos unha festa de inchables, con chocolate e orellas.

E para rematar o sábado 17 será o enterro da sardiña. A sardiña a día de hoxe está a bo recaudo na casa dunhas mulleres voluntariosas de Camariñas que a están preparando xa para o sepelio, pero informáronos que está moi maliña. O velatorio será ás 17:00 na Casa de Pedra onde de seguro contaremos cas ben coñecidas “choronas”. Sairá a comitiva media hora despois para facer un percorrido ata a Praza do Mercado co acompañamento musical da charanga BB+. Alí e ás 18:00 será a incineración da sardiña e endulzaremos a pena cunha gran chocolatada. Se chove, que non sería raro pois van dous anos seguidos, todo será na Casa de Pedra.

Entroidos costeiros

Comentarios