Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas vólcase cas letras galegas con teatro e contacontos

Camariñas vólcase cas letras galegas con teatro e contacontos

Completo o Programa Concello de Camariñas para o Día das Letras Galegas. O teatro e os contacontos serán os protagonistas.

Teatro para todos

  • Domingo, 15 de maio ás 18:00h, na Casa de Pedra: A Escola Municipal de Teatro de Camelle interpretará as obras "A canción do Pirata", A Muller e o avogado", "A aula dos listiños", "Terra de Jauja" e "O xuíz dos divorcios".

Contacontos

  • Luns, 16 de maio ás 11:30h, na Casa do Alemán en Camelle. A Compañía Fantoches Baj con "Burromaquia". Unha selección dedicada aos nenos de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.
    • Martes, 17 de maio ás 11:30h, no Centro cultural da Ponte do Porto. A Compañía Eduvia con contacontos "Dada o Duende". Unha divertida sesión chea de contos que lles irá relatando un trasno chamado "Dada".
    • Martes, 17 de maio ás 11:30h, na Casa de Pedra. Mario Tomás cos contos da Miragalla. Contos que acontecen aos habitantes dun pobo costeiro moi particular. Para contalos, "Marionetto" utiliza diferentes obxectos e libros que espertan a súa imaxinación...

    Premios literarios

    • Martes, 17 de maio ás 12:30h, na Casa de Pedra. Entrega de Premios do Certame Literario Intercentros.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa do Concello de Camariñas.

Comentarios