Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas xa goza do Festival de Danzas Gremiais

Mini Danza 2
Camariñas xa goza do Festival de Danzas Gremiais

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, inaugurou na xornada do venres o evento. En palabras da rexedora camariñá, "se hai un lugar onde a Danza dos Arcos é devoción, ese é Camariñas. Quero agradecerlle especialmente á xente do mar o esforzo especial que fan para bailar, ano tras ano, e honrar ao seu pobo, sempre coa Virxe do Carme na mente", apuntaba.

Hoxe sábado, abrirán o telón da xornada os grupos de gaitas ‘Con Toda en Banda’, e ‘Millo Verde’, ás 12:30 horas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, a danza dos arcos de Camelle tomará o relevo. Tamén haberá obradoiros, xogos e inchables e cantigas. Actuarán as pandereteiras do Cansorriño. ‘Mariachi Coruña Mex’ pechará a xornada ás 19:00 horas.

Para finalizar o Festival de Danzas Gremiais, o domingo 18 de agostoterá lugar un pasarrúas con ‘Charanga Nova Cubana’ e ‘Millo Verde’, ás 12:00 horas. Ás 13:30 horas, actuará o grupo ‘Danza de Espadas’, de Baiona. Pola tarde, ás 17:00 horas, danza das Abaladeiras de Muxía , danza de Arcos de Coucieiro, tamén de Muxía, Danza de Arcos de Cariño, Danza de Arcos de Camariñas e a ofrenda floral na estatua da Virxe do Carme. Amenizarán a xornada os grupos de gaitas ‘Abrindo Rejo’, ‘Con toda en banda’ e ‘Xaramiños do Corpiño’.

Comentarios