Venres. 04.10.2024
El tiempo

Camariñas comprometida coa loita contra cancro de mama

  • Hoxe luns 24 de outubro hai unha charla sobre a materia Auditorio da Casa da Cultura de Cee.

Charla Camariñas Danza Rosa 2
A veciñanza de Camariñas encheu o Salón de Plenos para a charla sobre o cancro
Camariñas comprometida coa loita contra cancro de mama

Non se puido realizar a Danza Rosa por mor das inclemencias meteorolóxicas. Pero si que se mantivo a charla impartida polo catedrático de Reumatoloxía, Francisco J. Blanco. O Salón de Plenos do Concello encheuse para escoitar esta charla sobre prevención no marco do Día Internacional contra o Cancro de Mama.

A Danza Rosa logrou recadar 1.250 euros para axudar na loita contra esta doenza, unha achega económica que o Concello, en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro, reuniu a través da distribución das camisetas para o evento por un donativo de 5 euros. Todo o recadado irá a parar á Asociación Española Contra el Cáncer.

Charla Camariñas Danza Rosa 1
Representantes municipais coas responsables da AECC camariñá

Sandra Insua sinala que se sinte “moi orgullosa do meu pobo, un pobo que non dubida en saír á rúa para loitar polos dereitos das persoas e para poñer en valor a súa loita”.
“Aínda que a loita contra o cancro de mama líbrase día a día, é moi importante realizar este tipo de actos para darlle visibilidade a unha enfermidade que afecta a unha de cada oito mulleres, ás que, en nome de todas e todos, quero mandar unha mensaxe de ánimo e forza”, salienta. “Sodes un verdadeiro exemplo de saber estar e de como afrontar a vida e o que esta nos depara”, afirma.

Charla en Cee

Hoxe luns 24 de outubro ás 20:00 horas dará comezo no Auditorio da Casa da Cultura de Cee, o ciclo de conferencias organizado pola Asociación Amigos da Xunqueira, con motivo do Ano Xubilar e dos 25 anos do Hospital Virxe da Xunqueira.

A charla deste luns será "Avances no tratamento cirúrxico do cancro de recto" impartido por D. Alfonso Gulías Piñeiro, Xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do Hospital de Cee, na que colabora a xunta local da AECC.
 

Comentarios