Venres. 29.03.2024
El tiempo

122 anos do City of Agra. Camelle recuperou parte da súa historia salgada

122 anos do City of Agra. Camelle recuperou parte da súa historia salgada

 Representacion do naufraxio do City of Agra en Camelle-Foto-Xosé Luis Blanco "Unha fin de semana imborrable para a A.C. Naufraxios Galegos, para Camelle e para mín en particular". Así define Fernando Patricio Cortizo a xornada de recuperación histórica que celebrou a súa Fundación Naufraxios Galegos, xunto coa pergoliña e o Concello, esta pasada fin de semana. Os baixos do Canesudo foron as testemuñas daquela catástrofe, que remataba coa vida de 32 pasaxeiros. Tamén foron testemuña da visita guiada que realizou dende o mirador de Lobeiras, en Arou, ata a Igrexa de Camelle. Unhas 30 persoas (había dous enterros esa tarde...) disfrutaron da ruta. Fixeron unha serie de paradas explicativas e unha completa visita á Casa do Alemán, onde se inaugurou unha exposición "City of Agra. 122 anos na memoria", aberta ata o 20 de febreiro, con 52 elementes dispositivos, feitos por Manolo do Canle, Aquiles de Garea de Corcubión... E unha marea de documentación histórica de 1897 a 1904, dende a implantación de salvamento de Camelle polos naufraxios, ata o nacemento do nome da Costa da Morte. As 40 persoas quedaron entusiasmadas. Fernando Patricio Cortizo contando a historia do naufraxio do City Of Agra na Casa de Man Fernando Patricio Cortizo contando a historia do naufraxio do City Of Agra na Casa de Man O sábado, despois da visita de turno ao mercadiño de artesanía na carpa mariñeira, á tarde houbo a charla de Francisco do Coral, que contou a súa historia. A partir das 19:00h chegaba un dos puntos fortes, o acto representación da recreación da chegada dos náfragos. Manolo do Submarino tocou a campá do vapor inglés, e un grupo de nenos comezaron a berrar por toda a vila "Barco a pique. Naufraxio en Arou", mentres na confraría preparaban a chegada dos náufragos. Unha embarcación cun remolque descargábaos pouco despois e foron acollidos pola xente do pobo, como acontecía naquel entón. Se daquela seguro que os mariñeiros acabaron nas casas de ducias de camelláns, desta volta tocaba ruta de pinchos polos bares da vila. O domingo comezaba cunha ofrenda e un manifesto en homenaxe a todos os náfuragos. Ás 12:30h celebraron o pasarrúas da comitiva de náufragos que simbolizada a entrega polo alcalde de Camariñas, (Francisco Patricio fixo de Luciano Lema), que lle entrega ao vicecónsul británico os náufragos. De seguido, na rampa embarcaron nunha embarcación que simulaba o Vápor Pérez Barbeiro que os levou a Coruña despedíndose da vila que tan ben os acolleu. Unha cita que tamén con bastante expectación e que demostra o poder cultural dos naufraxios. Representacion do naufraxio do City of Agra en Camelle Representacion do naufraxio do City of Agra en Camelle

Novas relacionadas

Novas relacionadas

“Camariñas puxo en valor o poder simbólico dos Naufraxios cun potente programa cultural e gastronómico” — Que pasa na costa

Comentarios