Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camelle ten nova veleta

Veleta de Camelle
A nova veleta de Camelle
Camelle ten nova veleta

Un dos iconos de Camelle é a veleta do paseo marítimo. Pero a vella estaba moi deteriorada, polo que o Concello de Camariñas solicitara á Demarcación de Costas a súa substitución dentro dunha lista de actuacións urxentes en Camelle.

Hoxe tivo lugar a reposición da veleta por unha nova de aceiro inoxidable

O Concello tamén pedira que Costas realizase o amaño da pérgola do paseo marítimo e a renovación do palco da música. No seu momento Costas dixo que se encargaría do palco da música e que daba autorización ao Concello para que executase os outros traballos. Desde aquela, retirouse a pérgola para evitar desprendementos

Comentarios