Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camiñada e Bolo do Pote para ir quecendo as Festas do Carme de Camariñas


<p>A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, a Comisión de Festas, non para ao longo do ano. En pleno inverno prepara unha gran laconada. Invita a todo Camariñas a participar este 24 de febrerio na cita gastronómica no polideportivo O Areal.</p>

Comision do Carme de Camarinas dende o ano pasado
Comision do Carme de Camarinas dende o ano pasado
Camiñada e Bolo do Pote para ir quecendo as Festas do Carme de Camariñas

Laconada da Virxe do Carme de Camarinas 2019

Unha laconada elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas, que terá un ingrediente moi especial, o Bolo do Pote, D.O. Mazaricos, que seguramente só coñecen os máis maiores da vila encaixeira.

Xunto coa laconada, e previa a mesma, celebrarase unha andaina circular polo entorno de Camariñas, de 10 Km, que inclúe Reira, cabo Vilán, Virxe do Monte, O Lago, etc. A saída será dende o polideportivo O Areal as 10.30 do domingo 24 de febreiro. Ao remate da mesma, os asistentes, recuperarán forzas con xenerosas racións de lacón, grelos e bolo do pote.

Igualmente farase a presentación da páxina web da Asociación.

Novas relacionadas

Comentarios