Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camiñando polas sendas peonís

Camiñando polas sendas peonís
senda-peonil-muxia Estes días comezaron as obras da senda peonil que comunica as localidades de Muxía e Touriñán Varias estradas da Costa da Morte están dentro do plan de creación de sendeiros que axuden a incrementar a seguridade vial dos peóns nas marxes das estradas postas en marcha polo departamento de Vías e Obras de Deputación da Coruña que dirixe José Manuel Pequeño. Ent total, en toda a provincia construiranse 27 quilómetros de sendas peonís ainda que segundo Pequeño o obxectivo“é acadar os 60 quilómetros de sendas ao final do mandato”. O orzamento ascende a 3,5 millóns de euros.   Neste paquete de obras xa aprobadas polo pleno da institución provincial, moitas das cales están xa en fase de licitación ou execución, atópanse as sendas peonís nas estradas provinciais da Costa da Morte; tales como a DP-4307 de Malpica a Ponteceso; a DP-3404 Serra de Outes a Dumbría (Mazaricos), na DP-1603 da Ponte do Porto a Quintáns (Vimianzo) e a DP-2904 de Coristanco a Santa Comba. Camiño de Santiago a Muxía Dos 27 quilómetros de sendas peonís postos en marcha pola Deputación, cinco deles pertencen a tramos do Camiño de Santiago que discorren por vías provinciais, como as proxectadas na DP-3404 (Dumbría), na DP-5604 de Fisterra a Muxía (Santa Comba e Muxía), no tramo de Outes a Pereira, e na DP-5201 no tramo de Muxía a Touriñán. No actual mandato, o departamento provincial de Vías e Obras aprobou ademáis proxectos por importe de 4.169.429,28 euros para a creación ou mellora de travesías en dez concellos da provincia, catro das cales xa foron adxudicadas As obras da travesía se Senande, entre os pq 3+400 e 4+675 da DP 3402, en Muxía, e a primeira fase da travesía de Sísamo, en Carballo, atópanse xa en fase de execución. A mellora da seguridade vial na DP 9301, en Zas e a travesía da Ponte do Porto (Camariñas) son algúns dos proxectos que xa foron aprobados en pleno e que serán adxudicados durante o presente ano. Novas relacionadas Fonte

Comentarios