Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee tamén se pon en negro polo #25N

Cee tamén se pon en negro polo #25N
Xa está aquí o #25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e entre os 97 concellos que hai adheridos á campaña "En Negro contra as Violencias", son varios os concellos da bisbarra. Carballo ou Cee xa amosan o seu compromiso con esta loita, mentres esperamos polos programas de Camariñas, Carnota, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Muros Muxía, Vimianzo e Zas.
En Cee queren tinxir de negro todo o municipio a través dos escaparates dos comercios, dos manequíns, da roupa de traballo, desde o día 19 ata o 25 de novembro. Por iso o Concello anima a todas as persoas e establecementos que queiran participar que acudan a unha reunión o martes 13 a partir das 20:00h no SALÓN DE ACTOS do Concello para informarse e recoller o material.
Ademáis, o CIM do Concello de Cee organiza diferentes actividades arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Charlas, documentais, contacontos... e, por suposto, a Concentración e Lectura do Manifesto que se fai cada ano e na que rogamos se acuda con vestimenta negra para dar maior visibilidade ao encontro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novembro-en-negro-na-galeria-mulleres-coa-nobel-da-paz-nadia-murab/
https://quepasanacosta.gal/o-comercio-e-a-hostalaria-de-carballo-volven-ponerse-de-loito-polo-25n/

Comentarios