Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Cerdeimar pechou os actos do 125 aniversario con ilustre compañía

Cerdeimar pechou os actos do 125 aniversario con ilustre compañía
Impresionante o cumio celebración do 125 aniversario da empresa costeira por excelencia. Tras un ano de celebracións, a conserveira Industrias Cerdeimar demostra unha e outra vez o seu compromiso coa Costa da Morte e esta pasada fin de semana facía que personalidades de todo o estado visitasen a bisbarra para pechar o programa de actos conmemorativos. O recibimento de toda a expedición ao equipo de balonmán foi un dos momentos máis intensos da mañá. Unha das máis salientables foi a presencia do Presidente da Federación Galega de Balonmán, unha lenda do deporte español. Juan de Dios Román amosouse encantado e ata recibiu este fermoso abanico de encaixe, cortesía da Xoeiría do Encaixe, da man do alcalde, Valeriao Alonso Pichurri.

Comentarios