Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello Camariñas instalará dispensadores de xel hidroalcohólico en todos os parques infantís

Xel hidroalcolico nos parques infantis
Xel hidroalcolico nos parques infantís de Camariñas
O Concello Camariñas instalará dispensadores de xel hidroalcohólico en todos os parques infantís
O Concello de Camariñas prevé reabrir estes espazos nos próximos días e está a preparar o protocolo para que a reapertura se leve a cabo dun xeito seguro. Para iso está a instalar dispensadores de xel hidroalcohólico en todos os parques infantís do municipio.

Os dispensadores, que foron elaborados pola empresa Gerca ubicada na comarca da Costa da Morte e adquiridos en Martínez y Villar SC, continuarán colocándose en todos os parques antes da reapertura e permitiran que tanto os nenos e nenas que fagan uso dos parques como os seus pais e nais poidan realizar un frecuente lavado de mans.

Novas relacionadas

 

Comentarios