Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello prorrogará a suspensión do cobro da taxa das terrazas e dos postos ambulantes

Terrazas en Camarinas
O Concello prorrogará a suspensión do cobro da taxa das terrazas e dos postos ambulantes

No pleno deste xoves aprobarase a derrogación das dúas ordenanzas que regulan estes sistemas, co obxectivo de mitigar o impacto da COVID-19 e tratar de impulsar o desenvolvemento económico.

No caso da taxa das terrazas os hostaleiros do municipio xa non teñen que pagala desde o mes de maio de 2020. Tampouco cobrará a taxa aos postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día: a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan.

Comentarios