Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Cruz Vermella Terra de Soneira precisa [email protected]

Cruz Vermella Terra de Soneira precisa [email protected]
Un dos Talleres de educacion sexual nun centro de Vimianzo Un dos Talleres de educacion sexual nun centro de Vimianzo Necesita colaboración a asemblea comarcal de Cruz Vermella Terra de Soneira. Concretamente necesitan dúas persoas para impartir talleres de Educación Sexual e Drogas e unha persoa para participar no proxecto de Apoio Escolar, e poder continuar  coa súa labor educativa e de prevención no vindeiro ano. Por unha banda, no mes de xaneiro de 2019 a Organización continuará co proxecto de “Educación para a saúde”, co que leva a cabo talleres sobre drogas e educación sexual en institutos da comarca. Os talleres, cunha duración de catro horas ó longo de varios días, desenvolveranse en horario de mañá e abordarán, entre outros, os seguintes contidos: tipos de drogas e consecuencias do seu consumo, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual, en función da temática. Por outro lado, para o proxecto “Promoción do éxito escolar de nenos e nenas en dificultade social” continúa na procura dunha persoa que poida impartir todos os martes, de 17:00 a 19:00 horas e durante o curso escolar, apoio educativo para mozos e mozas que están cursando Educación Secundaria Obrigatoria. Para calquera dos proxectos non se requiren un requisitos específicos para ser  voluntario ou voluntaria, aínda que se valora que sexan persoas con motivación na área de infancia e adolescencia, con predisposición e interese por realizar unha tarefa voluntaria, capacidade para falar en público, comunicativa e con capacidade para traballar en equipo. Máis información Para máis información ou ante calquera dúbida poden dirixirse persoalmente ás oficinas da asemblea comarcal, chamando ó 981 71 71 36 ou a través da páxina de Facebook de Cruz Vermella Terra de Soneira. #MilManerasdeVoluntariado Co obxectivo de dar a coñecer as distintas formas que hai de facer voluntariado en Cruz Vermella Española, a Organización lanzou o pasado mes de novembro a campaña #MilManerasdeVoluntariado: https://youtu.be/-99jgLwALrw

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/

Comentarios