Sábado. 12.10.2024
El tiempo

De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo

De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
As palilleiras de Camarinas confeccionaron unha replica das puntillas que viaxaban nas bodegas do Titanic As palilleiras de Camariñas confeccionaron unha réplica das puntillas que viaxaban nas bodegas do Titanic. Imaxe: Adrián Lago Romero As palilleiras de Camariñas acaban de recibir unha invitación de luxo despois de participar na recreación das bodegas do Titanic, dentro da exposición "Titanic The Reconstruction" que acolle a estación marítima do Porto de Vigo. Un comerciante de orixe galego residente en Los Ángeles - Álvaro Pombo - contactou coas palilleiras de Camariñas para invitalas a realizar unha exhibición do seu traballo na cidade norteamericana xunto coa exposición do Titanic. Precisamente, durante a súa visita a Vigo as camariñanas non puideron conter a emoción ao escoitar a historia do único cargamento español que viaxaba a bordo do Titanic e que contiña unha caixa de puntillas que que foi parar ao fondo do mar na noite do 14 de abril de 1912. Na mostra da Fundación Titanic hai unha recreación da bodega de carga do barco, onde se pode ver a caixa de puntillas que foi posible reproducila grazas á colaboración do concello de Camariñas. Durante a súa visita, as palilleiras confeccionaron eses traballos empregando unhas almofadas e uns palillos similares aos da época do Titanic. Á mostra acudiron desde as palilleiras máis novas, como Ana Blanco de 9 anos, ata as de maior idade, como Sara Canosa de 83 anos. María Dolores Lema, organizadora da visita, recoñeceu que nunca vira ás súas compañeiras tan emocionadas e orgullosas de que a súa vila formase parte da historia do Titanic.

Novas relacionadas

Fonte  

Comentarios