Mércores. 13.11.2019
El tiempo

De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte

De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte
Mapa de xentilicios da Costa da Morte

Que fermosos son (depende de como se digan) eses alcumes que reciben os lugareños de cada zona. Eses nomes que reflicten unha parte da nosa historia, e da nosa rivalidade entre pobos.
En QPC, e gracias a expertos colaboradores como Xosé Manuel Varela, Xosé María Lema Suárez, Manuel Vilar, Víctor Castiñeira, Viki Rivadulla, Manuel París ou Suso de Basilio, e sobre todo, dos noso lectores de FB, quixemos repasar algúns dos "xentilicios" que recibimos os costeiros dunha e outra vila.

Non falamos de fisterráns, falamos de "pescos". I é que precisamente o de "pescos" é un dos máis habituais na Costa da Morte. A palabra delata e dende Laxe, pasando por Fisterra e ata Muros, os da costa, son Pescos, mesmo cun "rabudos" engadidos cando quere coller un tono de saña. Iso si, en zonas como a de Corme, o termo "pesco" está extinguido, e prefiren chamarse "mariñeiros", malia que moitas vilas os coñecen como "chocolateiros", así coma aos de Laxe "papeiros".
Outra cousa son os "montañeses", chamados os que xa non son do litoral, e que pasan por ser os das aldeas de interior de cada concello, ou os de, por exemplo, Mazaricos (chamados así dende Cee) ou os de Santa Comba, como son coñecidos dende Muros.

Pero hai nomes máis curiosos. I é que xa non se fala de ceenses ou corcubionenses, se non de "koreanos" e "pelados". A eterna rivalidade entre Cee e Corcubión levou a aproveitar vellas e variadas historias, como que a fronteira entre Cee e Corcubión coincide co paralelo que separa as dúas Coreas, ou unha praga de piollos que creou pánico. Ademais, aos corcubioneses, os seus veciños do sur, os de Fisterra os coñecen como "paparrucheiros".

Non se fala de dumbrieses, falo de "seboleiros", sobre todo para os da zona do Ézaro, onde seicas as ceolas danse históricamente de marabilla.

Entre Muxía e Camariñas hai tamén historia. Por Muxía son "corvos" mentres que os de Camariñas "carneiros". E os "corvos" tamén teñen unha palabra, algo despectiva, pero cariñosa, para os seus veciños do sur, os fisterráns, ou os "piollos verdes". .

Mirando cara o sur, podemos pasar polos "pindejos" do Pindo, os "lajartos" de Lariño ou "corvos" os de Lira.

Quedamos abertos a que nos enviedes outros "xentilicios" para completar este repaso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios