Martes. 16.07.2019
El tiempo

Denuncian que o Porto de Camariñas se constrúe a golpe de campaña

Denuncian que o Porto de Camariñas se constrúe a golpe de campaña
Peirao de Camariñas

É hoxe o propio grupo de goberno do PSOE de Camariñas o que protesta por unhas obras que non se levan a cabo. Concretamente, aseguran que "Coa chegada das eleccións autonómicas, repítese un clásico, A reanudación das obras do Peirao de Camariñas”. E denuncian que o "peirao estase a construír a golpe de campaña electoral, aconteceu en marzo e outubro do ano pasado, coincidindo coas eleccións municipais e xerais, e unha vez rematadas estes procesos electorais, a obra párase sen motivo algún".

I é que a obra do Peirao comezou en marzo de 2011, tiña un prazo de execución de 14 meses por tanto tiña que estar rematada en maio de este ano, pero debido as continuas paralizacións aínda non está rematada.

Consideran pois "curioso que unha vez convocadas as eleccións autonómicas, volven a empezar coas obras, xa se pode ver atracada unha draga no peirao, e de supoñer que pasado o 21 de outubro todo se volva a paralizar".

Os Socialistas de Camariñas cualifican estas actitudes como "unha tomadura de pelo a este pobo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Camariñas.

Comentarios