Luns. 01.06.2020
El tiempo

Dequenquén publica na rede o cómic sobre o Foxo do Lobo de Reira

Dequenquén publica na rede o cómic sobre o Foxo do Lobo de Reira

Continúa o proceso de recuperación patrimonial da Asociación Dequenquén do Foxo do Lobo de Reira (Camariñas). Un lugar singular, único na comarca, que merece cada acción, dende unha festa popular ata un cómic.

De feito, dende dequenquen.org xa podemos ver a banda deseñada “A Filla do Lobo”, creada pola asociación, co guión do propio Bernardino Martínez, e as ilustracións e maquetación de Neva Noctiluca.

A historia toma como base a coñecida lenda da "peeira dos lobos”, este relato gráfico somérxenos na Costa da Morte medieval e naquela práctica das batidas dos lobos. Arredor deste tema, mestúranse feitos históricos como a reconstrución e posterior asalto do mosteiro de Santa María de Tosto, e as incursións viquingas nas costas galegas.

Ver o cómic www.dequequen.org.

 

Novas relacionadas

comentarios