Luns. 26.08.2019
El tiempo

A descarga realizada en Arou devolve á Costa da Morte ao punto de mira do narcotráfico

A descarga realizada en Arou devolve á Costa da Morte ao punto de mira do narcotráfico

Planeadora en Santa Marina-Foto-Anton Vidal copia A Garda Civil leva a porto a Planeadora en Santa Mariña, Ponteceso-Foto-Ant´pn Vidal

Segue a Costa da Morte conmocionada trala aparición dunha planeadora de carga de droga nas augas do Concello de Ponteceso. Un suceso que volve a situar Galicia, e a nosa bisbarra, como importante porto de entrada de droga en Europa, unha realidade que se cadra pensabamos era cousa do pasado.

A descarga, en Arou

Segundo sinala hoxe La Voz de Galicia a descarga tivo lugar en Arou, Camariñas, durante a madrugada do sábado 11 ao domingo 12 de xuño. A descarga realizaríase no areal e de aí, diversos coches distribuirían por terra os fardos.

De aí os pilotos levarían a planeadora (con 3 motores de 300 cabalos que poden custar 20.000 € cada un) ata o embarcadoiro de Santa Mariña, ao norte de Corme, en plena enseada de Niñóns. A idea sería sacala polo portiño e levala por estrada ata un punto seguro. Pero algo pasou, e a planeadora tivo que quedar esquecida, para ser atopada ao día seguinte.

Motores da planeadora Motores da planeadora

Segundo a Garda Civil puido ser un golpe o que fixo que varase a planeadora e impedise sacala do mar. Para Tino Lema Lema, patrón da embarcación Mar Laredo da Cruz Vermella, algo non cadra. "Nós fomos os primeiros en chegar, trala chamada de Salvamento Marítimo. A planeadora tiña os motores en terra, e tiramos por ela para amarrala nunha boia e que viñera a Garda Civil a dar conta dela. A lancha estaba envorcada, pero non tiña golpe ningún no casco, e tiña os balóns pinchados, parecía que intentaron metela no fondo e non puideron", sinala.

O caso é que a esta hora da mañá do martes, a planeadora volve estar varada no mar. Quedara aparcada no portiño de Santa Mariña, e esta pasada noite de luns a martes, entre o mar e o vento levaron de novo ao mar a planeadora. As condicións meteorolóxicas seguen sendo complicadas para o seu rescate, no que traaballa a Garda Civil.

Asi estaba a Planeadora en Santa Marina-Foto-Tino Lema Asi estaba a Planeadora en Santa Mariña-Foto-Tino Lema Recuperando a planeadora no porto de Santa Marina a notie do domingo Recuperando a planeadora no porto de Santa Marina a noite do domingo Planeadora en Santa Marina-Foto-Anton Vidal 2 copia Cargando a planeadora en Santa Mariña-Foto-Antón Vidal Planeadora en Santa Marina-Foto-Anton Vidal 3 copia A planeadora quedou todo o luns no porto de Santa Mariña, pero o vento e o mar devolveuna ao mar pola noite.  

Unha costa con historia

Planeadora de descarga atopada en Muxia Planeadora de descarga atopada en Muxía en 2009

A última descarga interceptada que lembramos foi a de 2009 en Arnela, Muxía, e a dúbida é saber se dende aquela, os clanes galegos seguen ou non utilizando a escarpada Costa da Morte para as súas operacións de narcotráfico, como describe perfectamente Nacho Carretero no seu libro "Fariña" e como denunciaba, xa en 2009 a CIG.

O propio Tino Lema non lembra historia parecida dende hai uns 10-15 anos pola zona, pero recoñece que iso non quere dicir que non teña pasado. Xa dende hai 30 viñan descargar por toda esta zona tabaco de contrabando nos días de néboa. Sabemos todos que pasan estas cousas, pero quen sabe quen son, hai que ter probas, e esta xente ten moitos cartos, e con carto págase todo".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios