Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Detida unha veciña de Camariñas, como presunta autora dun delito de roubo con intimidación

Detida unha veciña de Camariñas, como presunta autora dun delito de roubo con intimidación

Os supostos sucesos acontecían nunha casa de Camariñas. Un veciño atopábase no seu corredor, coa porta entreaberta, cando outra accedía sen autorización. Unha vez no interior, aproveitando que a vítima ten diversas dolencias e non pode defenderse polo seu estado de saúde, arrinconouno contra as escaleiras e solicitoulle diñeiro. Ante a negativa, a muller subtraeulle do peto da camisa a carteira persoal na cal portaba 750 euros, abandonando o domicilio tras retirar o diñeiro da cartea e arroxar esta a o chan.

O home foi denunciar á muller, supostamente drogodependenta, ao Posto de Camariñas da Garda Civil, que tras unha investigación, detivo á muller como presunta autora dun delito de roubo con intimidación, poñéndoa, xunto coas ctuaciones realizadas, a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión.

Comentarios