Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dez mozos da Costa da Morte realizan prácticas laborais en Europa

Dez mozos da Costa da Morte realizan prácticas laborais en Europa
Os participantes no programa teñen entre 22 e 24 anos e proceden de diferentes disciplinas Os participantes no programa teñen entre 22 e 24 anos e proceden de diferentes disciplinas Un total de dez mozos e mozas da bisbarra desenvolven estes días as súas prácticas laborais - oito en Londres e dúas en São João da Madeira - no marco do programa Galeuropa que promoven os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas co financiamento da dirección xeral de Xuventude da consellería de Traballo e Benestar Social. Tres concellos de Galicia participan este ano en Galeuropa: Ourense, Negreira e Camariñas en representación de Galeuropa - Costa da Morte. Os dous últimos viaxaron xuntos a Londres. Grazas ao programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa, os mozos realizan prácticas laborais non remuneradas de máis de 150 horas ao mes en empresas vinculadas á súa formación académica ou a súa experiencia laboral. Durante dous meses reforzarán as súas competencias profesionais e lingüísticas, incrementando as súas posibilidades de inserción laboral e o coñecemento do inglés ou do portugués. Os participantes realizan prácticas non remuneradas en diversas empresas de Londres e Portugal Con este tipo de prácticas os participantes reforzan as súas habilidades profesionais e lingüísticas Perfís profesionais Os participantes teñen entre 22 e 24 anos e unha formación que vai desde o ciclo medio de formación profesional ata o grado ou master universitario. En Londres fan prácticas en diversos postos de traballo como: enxeñeiro nun laboratorio de probas de material deportivo; enxeñeira nunha importante empresa de construción de obra publica; deseñadora nunha revista online; técnica de relacións humanas nunha empresa de selección de persoal; asistente nunha compañía de publicidade en internet e educadora infantil nunha granxa escola. As empresas adáptanse aos candidatos e teñen en conta o seu currículo e nivel de inglés para asignar os postos. Á vez que reciben entrenamento e formación, nalgúns casos as persoas en prácticas recorren varios postos, o que lles proporciona unha visión global da empresa. A flexibilidade do programa permitiu que tres persoas cambiaran a empresas máis axeitadas ás súas expectativas e capacidades. Segundo Emilio González, axente de desenvolvemento local do concello de Camariñas e que acompañou a algúns candidatos á súa primeira visita ás empresas, "a satisfacción co programa é xeralizada, e chegouse a dar o caso de que unha das alumnas xa conta cunha oferta de traballo para cando remate a práctica".   Fonte

Comentarios