Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Galería do #SanXoán pola Costa da Morte

Galería do #SanXoán pola Costa da Morte
Cachela en Sardineiro-Foto-Manuel Cambeiro

Menudo San Xoán que temos na Costa da Morte. Cada ano vai a máis esta festa milenaria, onde a maxia se confunde coa troula. A pasada noite de San Xoán, milleiros de veciños invadiron ducias de praias por toda a contorna para espantarmos as meigas que nos perseguen ao longo do ano. Unha noite para esquecelos malos aires, que xa liberamos pola mañá ca auga das 7 herbas de San Xoán.

Facemos un percorrido polas redes sociais visitando as praias de toda a volta, e de paso facemos parada en Carballo, onde continúan cun completo programa de actividades, despois do sempre esperado concurso de Cachelas.

De cacharelas a lumaradas

Imos dende a Lumarea de Camariñas con guiño encaixeiro, ata a Larada do Ézaro; da cachela do Pindo, ata a Lumarada de Fisterra; da sardiñada de Corcubión ata a noite dos Encantos de Malpica; da cachela da Pereiriña á cacharela do Castelo, ou á de Sardiñeiro…

Lumarea en Camarinas con Jose Ramon Albores Roberto Traba armou a Lumarada na praia da Ribeira de Fisterra-Foto-Jose Unsia En Corcubion as sardinas foron as protagonistas-Foto-Jose Pineiro Foto da cacharela do Castillo en Muros-Foto-XOse Sendon Fermosa cachela no San Xoan bendito da Pereirina-Foto-Barca Caamano A Pedramar armou unha cacharela no Pindo Larada no San Xoan do Ezaro-Foto-Rocio Lago Noite meiga en Corme-Foto-Edu Cambon A mocidade do Submarino en Malpica El Combo armou unha gran festa en Camarinas

O Concurso de Cachelas de Carballo

É sempre unha das citas esperadas e os veciños non defraudan. Menudas obras de arte as que fan os veciños de todo o Concello, dende as rúas do centro carballés, pasando pola Milagrosa ou o Sisto.

Tívool complicado o xurado con 14 cachelas espectaculares e tremendamente orixinais. Os gañadores do concurso de #‎cachelas do #‎SanXoánCarballo:

1° premio - Torre Infiel

A Torre Infiel do San Xoan de Carballo

A trunfadora da noite foi esta "Torre Infiel" feita con tubos de cartón na Rúa Chopos. Os seus creadores acadaron o 1º premio, dotado con 600 €.

2° - A Granxa

San Xoan Carballo-A Granxa do Sisto

No Sisto montaron unha Granxa completa e levaron un premio de 250€.

3° - Moto GP

San Xoan Carballo-En San Lois o xurado asistiu a unha presentacion de Moto GP

En San Lois houbo campionato de "Moto GP", levando un premio de 175 €.

4° O Muíño do Quixote

San Xoan Carballo-O muino grande

O Muíño, que funciona e todo, levou un premio de 125€.

Accésit, A noria (125 €)

A Noria do San Xoan de Carballo

Nunha parcela da rúa Buxos atopamos a outra "Noria do San Xoán". Os seus creadores inspiráronse na atracción estrela que hai este ano no San Martiño e, salvando as distancias, a verdade é que case daba o pego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios