Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Jazz a ritmo de buxo costeiro

Jazz a ritmo de buxo costeiro
Alvaro Trillo co Buxeiro Trio en Jazz-Foto-Nelson Corsino Álvaro Trillo co Buxeiro Trio en Jazz-Foto-Nelson Corsino

Como nos gustan estas novas de carácter cutural que trascenden a nosa bisbarra. De feito, son novas que veñen de volta, cando algún costeiro está triunfando no “estranxeiro”. Hoxe falamos de Álvaro Trillo, con familia en Carnés (Vimianzo) mais de sentimento "camariñán", está a medrar musicalmente dun xeito que dá vertixe. O seu proxecto Buxeiro Trío en jazz (do que é compositor e batería) sempre honra á Costa da Morte, co seu idiolecto e lembrándoa cando explica cada peza en cada concerto.

Trillo vén de gañar o certame ‘SGAE Galicia Creativa’ na categoría de de jazz, unha iniciativa que busca contribuír ao “desenvolvemento do talento musical galego e dos grupos e solistas emerxentes que loitan por se facer un oco no difícil mercado actual”.

Alvaro Trillo recbindo o premio da SGAE Álvaro Trillo, á esquerda, recibindo o premio da SGAE

Os seus siareiro só poden agradecerlle como soa maxicamente ese tema, Corema Core. Un tema que “vivirá na praia de Trece, "verase" desde o Monte Branco; en Camariñas, todo Mar. Costa da Morte. E chegará, ata todos os finisterraes como o berro na defensa do amor. A caramiña seguirá entre nós e nós seguiremos... polo amor a esta terra”.

Aquí os vemos verán pasado, na súa estrea no tempo do jazz coruñés, o Filloa:

 

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios