Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe, Camariñas e Cee énchense de actividade coa celebración das Letras Galegas

Laxe, Camariñas e Cee énchense de actividade coa celebración das Letras Galegas

Son varios os concellos da Costa da Morte os que deron a coñecer a súa programación para o Día das Letras Galegas. Agora é o turno dos municipios de Laxe, Camariñas e Cee que veñen de anunciar o seu programa ao redor desta data tan sinalada.

LAXE

No caso de Laxe, o concello extende a programación durante todo o mes de maio. O programa arranca o día 16 cunha sesión de cine en familia que terá lugar ás 17:00 horas no salón de actos municipal. A biblioteca municipal Antón Zapata tamén se une á celebración e a partir do día 18 expoñerá as últimas novidades bibliográficas en galego.

As actividades continúan o sábado, 19 de maio, co espectáculo "Pan con chocolate" que terá lugar no salón de actos municipal a partir das 19:00 horas. A protagonista desta actividade será Mª Victoria Morena, autora homenaxeada no Letras Galegas deste ano. Xa o luns, 21 de maio, a Braña de Soesto acollerá o día do Peñón co II concurso de cociña "A mellor tortilla doce" e coa actuación do grupo Birimbao Folk. A programación remata o último fin de semana de maio (26 e 27 de maio) co XI festival de teatro escolar "Teatrapa" e o VI roteiro teatral.

CAMARIÑAS

O próximo 17 de maio, a Casa de Pedra de Camariñas acolle a Gala de entrega de premios do Certame Literario Letras Galegas organizado polo concello e no que os participantes son os alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria nas categorías de prosa e poesía. O acto  estará amenizado por Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán e a maleta máxica.

Ademais, do 14 ao 16 de maio, a biblioteca municipal ofrecerá unha selección de libros para a ser liberados e incorporados e incorporalos á colección de cada un dos veciños e veciñas que se acheguen a recollelos.

CEE

A casa da Cultura de Cee será o escenario das distintas actividades que ten programadas o concello con motivo da celebración das Letras Galegas. Os actos xa comezaron o sábado, co espectáculo Coleccionistas, e onte tivo lugar a obra de teatro "Anagnórise". As actividades continúan este sábado, día 12, con "A culpa é o do sistema" de Pepo Suevos e Federico Pérez. O mércores, día 16, terá lugar a entrega dos premios dos concursos de Achegamento ó Libro, organizados pola biblioteca municipal Francisco Mayán e xa o sábado 26 de maio terá lugar o festival do Centro Social coa participación do coro, o grupo de pandeiretas e o de teatro.

Máis novas

Fonte

Comentarios