Martes. 16.04.2024
El tiempo

Máis de 100 nenos e nenas disfrutaron dun verán ao aire libre nos Campamentos de Camariñas

Campamentos veran Camariñas
Máis de 100 nenos e nenas disfrutaron dun verán ao aire libre nos Campamentos de Camariñas

Días de despedidas neste final de agosto. Remataron os campamentos de verán tamén en Camariñas, que se desenvolvían entre os Obradoiro de Conciliación e o de Actividades Náuticas.109 nenos e nenas puideron gozar destas sesións que comezaron o 25 de xuño e se levaron a cabo aplicando un completo protocolo de seguridade para evitar contaxios por Coronavirus.

As aulas do CEIP O AREAL, o Pavillón Polideportivo Municipal “Víctor Vigo”, o Club Náutico de Camariñas (actividades náuticas) foron os escenarios das 4 quendas de campamentos.

O Concelleiro Fabián Canosa destacou que “todo transcorreu ben, cumprindo tanto os monitores como os participantes todas as medidas do protocolo e tamén acadouse o obxectivo principal das actividades: darlle unha opción ás familias de conciliar e permitindo gozar aos nenos e nenas de Camariñas de actividades ao aire libre no verán”.

Comentarios