Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 600.000€ para que 10 concellos da zona solventen deficiencias no rural

Máis de 600.000€ para que 10 concellos da zona solventen deficiencias no rural

Hoxe, martes 3 de xullo, a partir das 19:00 horas, no Pazo Torres do Allo, en Zas, terá lugar unha xornada informativa do Igape, no marco do Plan Revive Costa da Morte, na que o Director e persoal técnico do Instituto, expoñerán as principais liñas de axuda e apoio dispoñibles para as empresas e emprendedores desta zona.

E hoxe coñecemos tamén as axidas que a Consellería do Medio Rural e do Mar vén de aprobar a 32 concelllos da provincia, 10 deles da Costa da Morte, no marco dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM).

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. Isto é, a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais.

Axudas aos Concelos da Costa

Camariñas38.190,27 €
Carnota42.191,37 €
Cee42.547,73 €
Dumbría94.893,61 €
Fisterra14.215,68 €
Mazaricos81.392,32 €
Muros44.585,54 €
Muxía84.814,11 €
Vimianzo81.290,43 €
Zas92.508,63 €
TOTAL616.625 €

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios