Martes. 23.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula leva a súa exposición ao Museo Man de Camelle

Mar de Fábula leva a súa exposición ao Museo Man de Camelle
mar de fabula Na exposición poderanse ver obras realizadas con refugallos que bota o mar Este sábado, 28 de xullo, ás 12:00 horas inaugúrase no Museo Man de Camelle a exposición "Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos", da asociación Mar de Fábula. Na mostra expoñerán os seus traballos dous colectivos artísticos: Retoque Retro, un colectivo de artistas que navega entre a escultura, a pintura e a producción dunha fauna fantástica realizada a partir de cebras; e Alivava que traballa principalmente con "paos de deriva" e pedra aos insuflan viad a través dunha intensa gama cromática. A mostra tamén contará cunha pequena exhibición de fotografías denominadas "Apocalipse do plástico" e realizadas por Rebecca Ramanathan. Durante o acto inaugural, Jonathan Balbuena (guitarra e voz) e Alfredo Dourado (baixo e voces) ofrecerán un concerto para presentar temas do seus disco "O Gato de Cheshire". Pablo López Segura encargarase de pechar o acto coa performance "A anulación do suxeito", na que o artista abordará o problema medioambiental e na que representará a asfixia producida pola contaminación dos mares. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios