Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula convoca unha nova limpeza entre mariscadoras e voluntari@s que será gravada por Cuatro TV

zona marisqueira da Vasa en Xavina Camarinas
Zna marisqueira da Vasa, en Xaviña, Camariñas
Mar de Fábula convoca unha nova limpeza entre mariscadoras e voluntari@s que será gravada por Cuatro TV

Este vindeiro sábado 10 de xullo, haberá unha nova xornada de limpeza na zona marisqueira da Vasa, en Camariñas. Unha limpeza artellada pola Asociación Mar de Fábula e a Agrupación de Mariscadoras de Camariñas, para a que solicitan a maior cantidade de voluntari@s para extraer o lixo mariño da marisma.

A preocupación e coidado manifestado pola Agrupación de Mariscadoras de Camariñas para manter limpa e saneada a contorna da súa área de traballo, ten chamado a atención de diferentes medios de comunicación de prensa, radio e televisión ao longo destos anos. Nesta nova limpeza, que fará a nº6, contarán coa cobertura informativa do coñecido programa de televisión “Volando voy” de Cuatro TV.

O director deste programa, Jesús Calleja, alpinista notable e home de espíritu aventureiro, será o encargado de dar a coñecer ao gran público a preocupación das mariscadoras e pescadores da baixura por manter limpas de lixo mariño as augas nas que traballan, ao tempo que as cámaras do programa deixaran ver a beleza tranquila e acolledora da ría de Camariñas e a bravura do seu litoral exterior. O Concello colabora coa recollida final dos sacos de lixo.

A efectos de cobertura de seguros e medida sanitarias, é preciso inscribirse con nome, apelidos e DNI nos correos : [email protected], web da confraría, web do concello ou chamando ao tlfno 608609042.

Comentarios