Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Mar de Fábula volve para limpar os coídos Coenda e Corno

Mar de Fábula volve para limpar os coídos Coenda e Corno

Este vindeiro domingo 19 de xullo, ás 11:00 horas, a Asociación Mar de Fásbula retoma, máis necesarios que nunca, os seus traballos de limpeza e coidado do mar e da súa ribeira. Faino despois de realizar, tamén, unha serie de obradoiros medioambientais coa cativada.

Coas medidas de protección axeitadas a este tempo de post-pandemia, con rebrotes aínda, o voluntariado que se anime vai apañar o lixo mariño espallado nos coídos de Coenda e no Corno. Nesta tarefa contarán, coma sempre, co apoio loxístico do concello de Camariñas.

O lugar de encontro, será na estrada que leva ao Cabo Vilán, no desvío cara a Reira.

Hai prazas limitadas a 20 participantes que se cubrirán por orde de inscricción no correo [email protected] ou no 608609042.
Todos os voluntarios deberán levar máscara e luvas (de traballo).

Novas relacionadas

comentarios