Martes. 16.04.2024
El tiempo

En marcha o primeiro albergue turístico de Camariñas

Boquexo artistico Albergue Camariñas
Boquexo artístico do futuro Albergue de Camariñas
En marcha o primeiro albergue turístico de Camariñas

O Concello de Camariñas aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a concesión da licencia para a construción do primeiro albergue turístico do municipio, que estará situado en Area da Vila e que será bautizado como ‘Devalar do Mar’.

O arquitecto deste novo proxecto, Maximino Manuel Aguiar Baña, presentou unha proposta para a creación dun espazo multiexperiencia que disporá dun total de 15 habitacións: 11 habitacións dobres (suman 22 prazas de aloxamento) e 4 habitacións múltiples (suman 24 prazas de aloxamento) para facer un total de 46 prazas.

Ademais, a Xunta de Goberno Local do Concello de Camariñas tamén concedeu hoxe outra licencia similar, neste caso a proposta dos arquitectos Diego Freire e Soledad Pérez Méndez para transformar unha vivenda nunha casa de hóspedes na rúa Ramón Noguera baixo o nome de ‘O mar de preciosa’.

Comentarios