Sábado. 30.05.2020
El tiempo

Mostra 2017: Fieis ao Encaixe

Mostra 2017: Fieis ao Encaixe
A modelo costeira Nerea Mouzo lucindo un vestido de Sara Lage na Mostra A modelo costeira Nerea Mouzo lucindo un vestido de Sara Lage na Mostra Volveu ser a Mostra do Encaixe de Camariñas un dos grandes referentes turísticos da Costa da Morte durante esta Semana Santa. A 27ª edición da Mostra deixounos 5 completos días que seguen convertindo unha tradición secular na moda máis contemporánea. En canto a cifras, volveron rondar os 19.000 visitantes os que pasaron polo recinto feiral de mércores a domingo, volvendo ser o Venres Santo o día de maior afluencia de público. Os desfiles volveron ser o principal atractivo da feira, tanto no apartado das recoñecidas firmas como os Novos talentos que se presentan ao concurso. Pero gran expectación causou tamén actividades como o Pequeencaixe, onde os alumnos da Escola Municipal de Palillo exhibiron as súas propias creacións, e, previamente realizaron demostracións en vivo da arte de palillar no recinto ferial. As mulleres encaixeiras de Camariñas tamén pousaron sobre a pasarela cos seus encaixes, do mesmo xeito que as nenas. PequeEncaixe na Mostra de Camarinas 2017 Os Desfiles do PequeEncaixe foron unha delicia Peque palilleiras na Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 Peque palilleiras na Mostra do Encaixe

Novos Talentos e Deseadores Noveis

Novos Talentos premiados na Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 Novos Talentos premiados na Mostra do Encaixe de Camariñas 2017 Interese máxima no Certame de Novos Talentos, outro dos grandes atractivos da Mostra que convirte aos máis novos en futuras estrelas. Este ano o primeiro premio foi para as mozas Teresa Búa (Muxía) e María Vázquez (Oleiros), cunha arriscada proposta masculina inspirada na película “O quinto elemento”, con transparencias en branco combinadas con encaixe do mesma cor, co nome de “Verde Superverde”. O diseñador Esteban Freiría, membro do xurado de Camariñas, defendeu que este ano a súa aposta por unha colección “valente, fresca e nova”, e engadiu que os diseñvos que triunfan nesta pasarela poden facelo en calquera outra de carácter internacional. O segundo premio foi para unha diseñadora granadina, Carmen Gómez Molina, coa colección Surco, na que también apostó con encaixe e transparencias brancas na moda masculina, combinada con chaquetas de la e vaqueros inspiradas na cerámica de Sargadelos. O premio foi entregado polo director da compañía Stolt Sexa Farm en Camariñas. O terceiro obtívoo a pontevedresa Jéssica Costas, coa proposta “In the park”, tamén con diseñvos más casuais para muller combinados con encaixe en cor branca. O premio do público recaeu en María Teresa González, de Cambados (Pontevedra), cunha colección feminina en pantalóns curtos e longos con cores brancas, grises e negros, inspirada na xente do mar. Os seus modelos calzaban zuecos da artesana Elena Ferro. Os premiados da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas from Raul Lorenzo on Vimeo. No concurso de Diseñadores Noveles participaron unha treintena de coleccións chegadas desde diferentes lugares de España. No apartado de Grandes Firmas triunfaron as propostas de Amaya Fernández Branco (Vigo), Ana Cabranes (Gijón), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Javier Barrio (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), Noriko Hashizume (Japón), Sara Lage (Lugo), Mar Balmón (Madrid), así como a diseñadora de Camariñas, María Campaña. https://www.facebook.com/mencaixedecamarinas/videos/2027433140831091/ Esteban Freiria na Mostra do Encaixe 2017 Deseños de Esteban Freiría na Mostra do Encaixe 2017

Modesto Lomba e Charo Carrillo, “Valedores do Encaixe”

Lomba Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 Lomba Valedor da Mostra do Encaixe de Camariñas 2017 d Barrio na Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 d Barrio na Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 A Mostra do Encaixe de Camariñas recoñece aosu diseñadores Modesto Lomba e Charo Carrillo como “Valedores do Encaixe”. A figura creada polo Concello de Camariñas recoñece aos galardonados polo seu labor na promoción e difusión do Encaixe de Camariñas®. Tras 20 anos desfilándo na Pasarela da Mostra do Encaixe, desde a súa primeira edición, Charo Carrillo retirábase en 2010 desta, pero non do seu apoio e promoción ao Encaixe de Camariñas. O diseñador e creador da recoñecida marca Devota & Lomba, Modesto Lomba, está presente na Mostra do Encaixe desde 2006. Además de desfilar con coleccións nas que aplicaba Encaixe de Camariñas en Cibeles - hoxe Madrid Fashion Week- ou en New York, é notable o seu apoio á artesanía de as palilleiras. Noriko na Mostra do Encaixe de Camarinas 2017 A moda xaponesa de Noriko estivo na Mostra do Encaixe de Camariñas 2017  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios