Luns. 17.02.2020
El tiempo

O Museo MAN de Camelle estará presente no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

Unha das miles libretas de Man de Camelle expostas no Museo
Unha das miles libretas de Man de Camelle expostas no Museo
O Museo MAN de Camelle estará presente no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

Andrea Serodio, responsable do Museo MAN de Camelle, e Carmen Hermo, profesora da Universidade de Vigo e creadora do libro ilustrado máis coñecido sobre o artista alemán, levarán a Costa da Morte a Córdoba. Será o vindeiro xoves 20 de febreiro, no marco do VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, cando as costeiras presenten a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’ nunha mesa moderada por Rogelio Martínez.

A propia Serodio considera que ‘coa participación neste Congreso Internacional pretendemos visibilizar o traballo que facemos a nivel nacional e tamén internacional. Aparte do texto da ponencia, acompañarémolo cunha pequena peza audiovisual sobre Camariñas a nivel xeral, e todos os recursos turísticos que pode ofrecer a súa contorna’, destacaba a responsable do Museo.

Novas relacionadas

comentarios