Martes. 16.04.2024
El tiempo

Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido

Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido
A Deputacion da Coruna comprometeuse a seguir apoiando o Camino dos Faros A Deputación da Coruña comprometeuse a seguir apoiando o Camino dos Faros e estudar novas accións promocionais Durante a súa visita institucional a Camariñas, o presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso - recoñeceu o enorme potencial do roteiro do Camiño dos Faros - cun percorrido de 200 quilómetros que une Malpica e Fisterra - e apuntou que, polo seu carácter estratéxico e supramunicipal, continuará recibindo ao apoio da Deputación. Este xa foi un dos proxectos estrela promocionados polo ente provincial na pasada edición de Fitur. "O Camiño dos Faros conta cun enorme potencial para o desenvolvemento turístico e para dar a coñecer os numerosos atractivos cos que conta esta comarca”, sinalou Formoso. Neste sentido, plantexouse a posibilidade de reunir proximamente na Deputación aos alcaldes dos municipios polos que discorre o itinerario para axilizar, na medida do posible, os trámites de homologación desta Ruta de Gran Percorrido - tal e como veñen reclamando os trasnos de fai tempo - e estudar novas accións promocionais e de márketing que contribúan á difusión da iniciativa. Unha ruta BBT O presidente da Deputacion mantivo onte unha reunion co goberno local de Camarinas O presidente da Deputación mantivo onte unha reunión co goberno local de Camariñas O presidente da Deputación reuniuse durante a súa visita co alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso de León - e con outros membros do goberno local para tratar ademais outras cuestións vinculadas ao eido turístico, como a posibilidade de crear un centro BTT entre 12 concellos da comarca e de realizar diversas melloras no complexo turístico “Aldea Madeira”, que o goberno local quere rehabilitar, adecentar e dotar de servizos axeitados como suministro eléctrico e de auga, para o que solicitou a colaboración económica da Deputación. O rexedor camariñán destacou tamén entre as principais demandas do municipio a construción dun centro de día que dea servizo ás persoas maiores do municipio e ás súas familias, e a necesidade de desenvolver un polígono industrial, dada a falta de solo axeitado para a implantación de novas iniciativas empresariais necesarias para Camariñas. Manuel Valeriano Alonso afirmou que outra das necesidades do concellos e a mellora do paseo marítimo da Ponte do Porto e da travesía de Camelle, dous proxectos que trasladará ao departamento de Vías e Obras da institución provincial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios