Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo servizo de recollida de papel e cartón en Camariñas

Novo servizo de recollida de papel e cartón en Camariñas
A partires do mércores 24 de xaneiro vaise poñer en funcionamento un novo servizo municipal de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda nos establecementos comerciais do Concello de Camariñas, segundo anuncian desde a Delegación de Medio Ambiente.Contenedores de reciclaxe de Ponteceso A recollida realizarase cada 15 días, sempre en mércores. O servizo é gratuíto, polo que unicamente será necesario chamar ao teléfono do Concello de Camariñas, o 981 73 60 00, pulsando 1 (administración xeral), e indicar o nome e dirección do establecemento interesado en que se realice a recollida. Nese momento informaráselle do día e da hora aproximada no que se fará a recollida. O martes 23 será o último día para chamar para esta primeira recollida do mércores 24. Dende o departamento de Medio Ambiente da vila do Encaixe agárdase que este servizo sexa de interese para os comerciantes e empresas locais. Agardase mellorar a xestión dos residuos de papel e cartón e contribuír á limpeza e a calidade ambiental do municipio.

Comentarios