Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Novos contedores de roupa usada en Camariñas

Novos contedores de roupa usada en Camariñas

Tres contedores de recollida de roupa usada vén de instalar Cáritas en Camariñas gracias ao acordo co concello camariñán. Os veciños interesados poderán depositar a roupa que queiran doar. Esta despois será clasificada por Arroupa, unha empresa colaboradora de Cáritas. Se a roupa é reutilizable entregarase a persoas que a necesitan, enviarase a terceiros países ou venderase nas tendas de segunda man. Se non é reutilizable enviarase a plantas de reciclaxe.

Os contedores están situados en Camariñas, fronte a Casa do Concello, en Xaviña, na praza da Igrexa e en Camelle, na Area do Bote.

Estes complementarán aos outros puntos que xa existen no Concello de Camariñas, como son o da casa do Cura de Camariñas, tamén de Cáritas, e na Ponte do Porto o de Equus Zebra preto da gasolineira e o do Eroski.

Fonte

  • Camariñas.

Comentarios