Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual

O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual
Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista 1 Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista

Pechou Camariñas unha completísima semana de actos na Costa da Morte en contra da Violencia de Xénero. Fíxoo cunha Manifestación de todo o ensino de Camariñas durante a mañá do pasado luns 27 de novembro, no marco da Campaña "En negro contra as violencias machistas”.

O alumnado e profesorado dos CEIP de Camariñas e Ponte do Porto e do IES Pedra de Aguia, participaron nun acto no que se proxectaron vídeos elaborados polo alumnado 6º do CEIP Ponte do Porto e do grupo da biblioteca do IES Pedra da Aguia. Ademais léronse dous poemas de Alba Canosa, “Valentía” e “Sentidos”, e o manifesto “Camariñas contra a violencia de xénero”.

Finalmente, proxectouse un vídeo coas empresas e establecementos de Camariñas que participaron na campaña “Camariñas en Negro”.

Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista 1 Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista

Estes foron os vídeos proxectados:

Que Nadie - CEIP Ponte do Porto

Contra Violencia - IES Pedra da Aguia

Establecementos Camariñas en Negro

 

Manifesto do ensino camariñán polo 25N

Hoxe, día 27 de novembro dende o noso Concello xunto cos centros educativos queremos manifestar o noso compromiso en contra da violencia de xénero, e para elo xuntámonos hoxe aquí, no noso Concello, Camariñas, para expresar as nosas ideas e pensamentos.

Hoxe, a través deste manifesto e do reparto pola nosa vila de carteis, postais, pegatinas e camisetas expresamos o nosa repulsa a todo tipo de violencia, queremos sumarnos ás voces que dende todo o planeta condenan á violencia contra a muller e pedimos un compromiso forte e claro para facer fronte a esta lacra social.

Nós queremos dicirlles as persoas agresoras que non teñen cabida na nosa sociedade, que o que queremos é respecto e igualdade de oportunidades.

Todas e todos queremos ofrecer o noso apoio as persoas que sufriron ou están a sufrir este tipo de violencia, ofrecendo o noso compromiso de loitar contra esta lacra social. Todas as persoas debemos plantarlle cara á violencia machista CON TOLERANCIA CERO.

Coa esperanza de que este sexa o último 25 de Novembro queremos lembrar que os malos tratos non se xustifican, e so merecen o desprezo da sociedade.

Por isto hoxe dicimos:

  • Mulleres e homes somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes.
  • As nenas e os nenos, rapazas e rapaces que son vítimas da violencia de xénero SEMPRE TERÁN secuelas irreversibles.
  • A violencia de xénero é a máxima expresión da desigualdade entre mulleres e homes e a peor das humillacións, acabar con ela é o noso DEBER e COMPROMISO. É un reto realista e esperanzador.
  • A sociedade ten a obriga de non permanecer en silencio, nin mirar a outro lado ante esta inxustiza.

Gustaríanos  rematar co desexo de que no futuro non haxa ningún motivo para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Moitas grazas.

 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios