Martes. 16.04.2024
El tiempo

O BNG da Costa da Morte denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan aos concellos doutra cor

O BNG da Costa da Morte denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan aos concellos doutra cor
Serxio Domínguez, á dereita, voceiro do BNG da Costa da Morte, xunto con Mini e Ana Pontón nunha rolda de prensa Serxio Domínguez, á dereita, voceiro do BNG da Costa da Morte, xunto con Mini e Ana Pontón nunha rolda de prensa

Analizabamos pola mañá a posición dos PP e PSdG comarcais sobre os Orzamentos da Xunta para o 2018 na Costa da Morte. Acaba de chegar a valoración do BNG da Costa da Morte (o bergantiñán farao ao longo da semana), que sinala que estes orzamentos “castigan, un ano máis á Costa da Morte, como vén sendo habitual nos últimos anos”.

Ademais, vai máis alá o BNG costeiro e sinalan que ese castigo débese a que a Costa da Morte votou a outras cores nas municipais de 2015, deixando un panorama municipal con só dúas alcaldías do PP. “É moi descarado e ruín o deseño dos presupostos da Xunta, que se cimentan na lóxica de dificultar a acción de goberno dos concellos “non amigos” e cor política distinta ao PP”.

Para o BNG a confección dos Orzamentos serve para “asfixiar aos gobernos locais da Costa da Morte”, e así Xunta e grupos locais do PP poidan “construír un discurso político ao redor de supostas malas xestións e falta de capacidade, e redirixir os investimentos en función dos intereses tácticos electorais do PP”.

A Costa da Morte, “inexistente”

Para o BNG, “os presupostos de 2018 os investimentos reais son inexistentes”. Apunta que si que hai 1 millón de euros para o corredor da Costa da Morte e o seu enlace ata Vimianzo, pero lamenta que para o resto son “fabas contadas”.

Así só concreta a rede separativa en Fisterra, xa anunciada no exercicio anterior (e que aínda se agarda o seu comezo), con 100.000 euros. Coma 266 mil euros do dique de abrigo no porto de Fisterra, tamén consignado no ano anterior, e no que as obras avanzan máis lentas do que inicialmente fora anunciado. Inclúense outros 185 mil euros conxuntos para os portos de Muxía e Camariñas. E 535 mil euros para a rede separativa e depuración para Camariñas.

Esquecementos

Denuncia o BNG que os “saímos penalizados toda a veciñanza”, e lembra a “falta de investimento na mellora dos colexios e institutos, hospital comarcal, plans de emprego, arranxo e mellora de estradas, redes de saneamentos, actividades culturais, e moitos outros servizos necesarios para mellora da vida das xentes da Costa da Morte”.

Apunta ademais a falta referencias concretas para os centros de ensino, de saúde, infraestruturas e mantemento de vías, programas de emprego, de cultura, conservación patrimonio, dinamización turística, nin tan sequera a dotación para o servizo de gardacostas despregado en varios portos da Costa da Morte. Ou nada do parque do megalitismo, a variante ao porto de Brens, heliporto de Ruibo, o saneamento integral de Cee e da ría de Corcubión, o centro de saúde de Fisterra ea mellora do de Cee, os plans do cabo Fisterra e Touriñán, etc.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios