Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG critica a actitude machista do último pleno

O BNG critica a actitude machista do último pleno
O BNG de Camariñas critica a actitude machista que tivo a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade - Sandra Ínsua - durante o último pleno. Segundo denuncian os nacionalistas, Ínsua respostoulle a outra concelleira que "non recibe denuncias fregando os platos". Así, Ilva Carril - do BNG - esixiu que retirase este tipo de comentario e pedise disculpas a todos e todas os e as presentes. "Como ainda non amosou as súas desculpas públicas cara as mulleres é polo que dende o BNG de Camariñas esiximos a sua diemisión como responsable de Servizo Sociais e como tenente alcalde", sinalan os nacionalistas nunha nota de prensa. Por outra banda, dende o BNG camariñán critican que o concello deixe sen axudas á xente que pediu subvencións debido a que o concelleiro de emprego - Sergio Caamaño - tivese problemas familiares. "Dende o BNG entendemos que as axudas e subvencións non poden depender de si o concelleiro de turno está resfriado ou ten outro tipo de problemas. O BNG pide que ainda que haxa unha persoa de baixa se poidan solicitar subvencións", indican os nacionalistas. Durante o pleno, o partido de Ilva Carril esixiu que o concello invirta no mantemento do mobiliario público, xa que segundo sinalan o de Camariñas é o concello que menos gasta en mantemento o que se traduce "en numerosos desperfectos que temos denunciado". Por último, o BNG esixe que o PSdeG cumpla coa lei de memoria histórica e inicie a retirada da simboloxía franquista e dos nomes das rúas que teñan relación coa época franquista. Novas relacionadas Fonte

Comentarios