Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG leva ao Parlamento o acontecido co mercante Eloane

O BNG leva ao Parlamento o acontecido co mercante Eloane
Fotos de Rafa Quintáns "O mercante MSC ELOANE, un porta contedores con bandeira de Liberia, daba aviso o pasado dia 5, pola perda de entre 30 e 45 contedores a 40 millas da costa. Nos días seguintes abeiraban a diferentes puntos da Costa da Morte numerosas produtos e sustancias procedentes da apertura deses contedores. A diversidade das crebas abeiradas, dende químicos (tinta impresoras), leite en po, tabaco, cítricos, botes pechados de todo tipo, e outros, non foi contrastada por ningunha autoridade a efectos de determinar a cantidade, así como se algún deles podería ser considerado coma vertido perigoso para as persoas ou o medio ambiente". Esto se pregunta o BNG, que indica tamen que "A partir do sábado día 13 son grupos de voluntarios os que interveñen na recollida auto organizada desas substancias, en areais coma O Rostro, Lires, ou Lourido, entre Fisterra e Muxía. Do modo no que se desenvolveron os feitos non se deduce que tivera lugar a activación do Plan de Continxencias por parte da Xunta e os voluntarios foron os primeiros en chegar a recollida de todo este vertido. De feito a Xunta tardou varios días máis en dispoñer de medios para proceder a retirada e control dos mesmos". afirman os nacionalistas. Deste xeito, o BNG levará ao parlamento varias preguntas sobre o asunto, "xa que consideramos preciso que se explique cal foi a resposta da Xunta e si activou o Plan de Continxencias fronte a vertidos accidentais, qué medidas adoitaron os distintos departamentos da Xunta de Galicia e cal foi o alcance do vertido. Ademais, e independentemente do risco para a navegación, é preciso esclarecer se o vertido supuxo, ou algunha parte del, algún risco potencial para as persoas, para o medio mariño e os espazos naturais e as súas especies ameazadas presentes na zona e quén recolleu os vertidos e onde se van xestionar". O partido frentista considera preciso tamen "recordar que a xestión das continxencias por contaminación marítima accidental en Galicia incúmbelle, no seu ámbito de competencias, á Consellería do Mar, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, á Consellería de Sanidade e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza", polo que "instaremos a Xunta a que interceda ante a navieira ou, como é previsible, ante a aseguradora do barco para que asuma as responsabilidades que se deriven do accidente". Os nacionalistas insisten por último "na necesidade de ter no porto de Brens, unha base de resposta fronte a contaminación mariña, ao ser a infraestrutura loxística máis próximo ao Corredor Marítimo de Fisterra, e soportar a Costa da Morte a maioría de incidentes con mercantes".

Comentarios