Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG presenta 16 enmendas aos orzamentos da Xunta que consolidan a marxinación da Costa da Morte

O BNG presenta 16 enmendas aos orzamentos da Xunta que consolidan a marxinación da Costa da Morte
Paco Jorquera e Kuka Sar de Nos Candidatura Galega Paco Jorquera e Kuka Sar, de Nós Candidatura Galega

Paco Jorquera e o fisterrán Xan Carlos Sar, candidato de "Nós, candidatura galega" na lista ao congreso como segundo suplente, presentaron o pasado venres as enmendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta relativos á Costa da Morte. A Autovía volve ser a gran protagonsita, pero outras infraestruturas moi solicitadas como o contradique do porto de Fisterra, o centro de saúde fisterrán, o saneamento das rías de Corcubión e de Camariñas, e outras moitas cousas volven ser esquecidas nos números da Xunta.

Jorquera denuncia os continuos recortes: “A Xunta presume duns orzamentos expansivos porque o gasto se incremena en 365 millóns, cando durante todo "o periodo Feijóo" os recortes ascenderon aos 10.000 millóns de euros. No que respecta á nosa bisbarra, Jorquera considera que "son os orzamentos da consolidación da marxinación Costa da Morte".

Sar presentou as enmendas que van mais aló dos 13 millóns de euros e que pasan por ser "imprescindibles para o despegue inicial da Costa da Morte":

  • 1. Contradique de abrigo Porto Fisterra.
  • 2. Seguridade viaria, acondicionamento e dotación Servizos da travesía da estrada AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.
  • 3. Construción do centro de saúde de Fisterra.
  • 4. Posta en marcha do Plan Director do Cabo Fisterra.
  • 5. Reparación, mellora e mantemento dos centros escolares de Fisterra.
  • 6. Mellora das estacións de bombeo e colectores da rede de saneamento de Fisterra.
  • 7. Mellora saneamento depuración das aldeas que faltan para acadar a plena depuración das augas en Camariñas.
  • 8. Ampliación e mellora da EDAR de Cée-Corcubión.
  • 9. Seguridade viaria, acondicionamiento e dotación servizos da travesía da estrada AC-552 (avd. Fisterra) e da AC 550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cée.
  • 10. Dotación material Hospital Cee e dotación persoal Hospital Cee.
  • 11. Dotación sistemas para operatividad heliporto Ruibo.
  • 12. Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
  • 13. Variante acceso Porto de Brens.
  • 14. Saneamento integral ría Corcubión
  • 15. Dotación equipamento Centro de día de Corcubión.
  • 16. Ampliación e mellora da rede de auga potable e saneamento no rural en Muxía.

Fonte

  • BNG Costa da Morte.

Comentarios