Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG presenta as súas renovadas Candidaturas - Asembleas Abertas en Camariñas, Carballo, Cee e Malpica

O BNG presenta as súas renovadas Candidaturas - Asembleas Abertas en Camariñas, Carballo, Cee e Malpica

Fin de semana electoral esta pasada. E así o demostran as 4 presentacións que tiveron lugar estes días no lado do BNG. Camariñas, Carballo, Cee e Malpica tiveron sesións co grupo nacionalista con diferentes aspiracións, pois mentres en Camariñas non conta con ningún concelleiro, por Carballo a intención é renovar o goberno.

Iso si, a maioría coinciden con caras moi renovadas e moita xente que se mete en política por primeira vez.

Lista renovada en Camariñas

Listas do BNG de Camarinas 2015

Ilva Carril encabeza a lista do BNG de Camariñas. “Unha lista aberta, plural e renovada, composta na súa maioría por veciños/as independentes que nunca antes participaran en política e que agora deciden dar este salto para loitar a por un Camariñas renovado e dar un sopro de aire novo ao Concello”. Na lista do BNG de Camariñas están representadas tódalas parroquias e tódolos sectores produtivos: mariñeiros, percebeiros, pequenos empresarios, traballadores/as, estudantes, emigrantes e parados. E aseguran que buscan “outra forma de facer política sen clientelismos, amiguismos e autoritarismos”.

De número 2 está o percebeiro de Santa Mariña Eugenio Castro; Xurxo Manuel Rodríoguez (Camelle, Técnico de proxectos de urbanismo); Lorena Lema Rey (Camariñas, Técnico de comercio internacional); Rosa Castro Bermúdez (Arou, Mariscadora); Carole Trillo (Ponte do Porto, auxiliar de enfermería), José Manuel Blanco Soneira (Camariñas, técnico de frío industrial); Tamara Suárez Carracedo (Camelle, técnica gastronómica); Xosé Xoán Bermúdez (Arou, percebeiro e patrón maior de Camelle); Eduardo Pasantes (Camariñas, Traballador de conxelados); Maria Celia Baña (Camelle, Traballora de limpeza); Javier Rial Castaño (Camariñas, Electromecánico); Francisco Sánchez Mouzo (Camelle, técnico despece de buques); María del Carmen Tedín (Arou, desempregada); Vicente Rivas (Ponte do Porto, arquitecto); Manuel Camiño Mouzo (Arou, Lienciado e sindicalista).

Presentación en Carballo

Presentacion do BNG de Carballo

E o co obxectivo de renovar o goberno o BNG de Carballo presentaba a súa lista con moitos cambios na orde dos seus representantes. Houbo interesantes aportacións como a de Zaira Caamaño que falou no nome da “xeración máis estafada da historia”, cun 50 % de desemprego. Falou tamén Belén Lendoiro, actual concelleira de Facenda, Festas e Participación Veciñal, que destacou as políticas sociais desenvolvidas polo BNG dende o goberno do Concello de Malpica malia tratarse dun mandato condicionado pola fortísima crise económica. “Mentres os gobernos do PP que optaron por recurtar en educación, en sanidade, no benestar social, e priorizando os bancos fronte as persoas, no BNG defendemos sempre que se podía gobernar doutro xeito, en Carballo fixémolo”. E apuntou: “Nós tamén reducimos si, pero recurtamos en protocolo, en publicidade e propaganda….. Reducimos en festas porque pensamos que é mais importante que ese diñeiro vaia para as becas. Reducimos as dedicacións exclusivas, de feito temos un alcalde que cobra o mesmo que se estivera dando clase”.

Tamén falou o actual alcalde que quere manter o bastón de mando do concello carballés, apoiándose no seu equipo.

A candidatura é a seguinte: 1- Evencio Ferrero; 2. Belén Lendoiro Esmorís; 3. Xosé Regueira Varela; 4. Milagres Lantes Seara; 5. Luis Lamas Álvarez; 6. Maica Ures García; 7. Miguel Vales Mallo; 8. Mar Eirís Villar; 9. Marcos Trigo Facal; 10. Carmen Regueira Baldomir; 11. Inés Rodríguez Muíño; 12. Daniel Pérez López; 13. Begoña Moscoso Varela; 14. Juan Seoane Collazo; 15. Raquel Rodríguez Pose; 16. Antonio Rodríguez Porteiro; 17. Verónica Naya Rama;18. Agustín Varela Álvarez; 19. Eva Rodríguez Portos; 20. José Antonio Bello Fraga; 21. Zaira Caamaño Remuiñán; 22. Angel de la Fuente Subiela; 23. Diana Suárez Ferreiro; 24. Xabier Graña Añón; 25. Lidia Cambón Periscal; 26. Santiago Ramiro Domínguez; 27. Pilar Trigo Suárez; 28. Benedicto Viña Costa; 29. Irene García Areosa; 30. Jessica Calvo Martínez; 31. Xosé Manuel Buño Suárez.


Lista presentada en Cee

Lista do BNG de Cee para as municipais 2015

Cunha situación extraña chega o BNG ás eleccións en Cee. Os 3 concelleiros que acadaba no 2011 pasaron ao grupo mixto logo de ser expulsados tralo pacto co PP para a moción de censura que desterrou ao ex alcalde Vigo. Pero a baixa dunha desas edís devolvía un posto ao actual voceiro, Serxio Domínguez, que esta semana presentaba a súa lista-Asemblea Aberta.

O actual responsable do BNG comarcal, estará acompañado de César Pérez Martínez, veterinario; Dionisia Mancha Rey, actual responsable local do Bng de Cee; Martín Caamaño, traballador nun gran almacén e sindicalista; Ana Lestón Gallardo, enfermeira no Hospital de Cee; Suso Bahamonde, poeta.

Nas vindeioras semanas darase a coñecer a composición final da lista, onde haberá unha profunda renovacíón con un 65% de caras novas, e con persoas independentes e novas na política.

Paco Souto estrease como voceiro en Malpica falando en clave de pesca

Paco Souto - BNG de Malpica

Nun acto ao que acudiron máis de medio cento de persoas -e que contou tamén co apoio de persoas da comarca como o Alcalde de Carballo Evencio Ferrero, as concelleiras Milagros Lantes e Belén Lendoiro, ademais do Responsábel Comarcal do BNG Xoán Sande- na Confraría de Malpica, presentouse a candidatura de BNG – Asembleas Abertas ao concello de Malpica.

Non foi unicamente un acto rotineiro de presentación dunha candidatura, máis ben foi un acto sobre a situación da pesca no noso país. Tomou a palabra primeiro Marcos Alfeirán, patrón dun barco do cerco e nº 4 da candidatura, que falou da dramática situación á que as políticas de Partido Popular e PSOE e as condicións negociadas por ambos na Unión Europea están levando o sector pesqueiro galego. A continuación Xosé Iglesias, mariñeiro tamén e patrón dunha pequena embarcación de artes menores, incidiu na necesidade de mudar as políticas. A seguinte intervención foi a do deputado do BNG no Parlamento Galego, Daniel Rodas, na mesma liña.

A última intervención foi a de Paco Souto, percebeiro, poeta e candidato, que ademais de falar tamén do sector e do traballo que leva feito o BNG na defensa da pesca galega en todas as institucións e nas rúas apoiando todas as mobilizacións.

Esta é a candidatura de BNG – Asembleas Abertas ao concello de Malpica:
1.- Francisco Souto Barreiro 8.- José Suárez Garrido
2.- Maria del Mar Ordóñez Varela 9.- Maria del Carmen Varela Mato
3.- Víctor Manuel Suárez González 10.- Juan Carlos Rodríguez Velo
4.- Marcos Alfeirán Rodríguez 11.- Gumersinda Veiga Cousillas
5.- Tamara Lamela Varela 12.- Agustín Lema Verdes
6.- Montserrat Iglesias Rellán 13.- Daniel García Reigía
7.- María del Rosario Fernández Cancela.

Paco Souto na presentacion do BNG de Malpica

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios