Venres. 05.06.2020
El tiempo

O Colectivo PX tamén pide acabar coas batidas de raposo ante a gravísima caída da especie

O Colectivo PX tamén pide acabar coas batidas de raposo ante a gravísima caída da especie
Imaxe do raposo da Costa da Morte "cazado" pola cámara de Chisco Lema Imaxe do raposo da Costa da Morte "cazado" pola cámara de Chisco Lema Choves ás críticas ante a práctica da caza do raposo. Desta volta é o colectivo ecoloxista PX de Ponte do Porto o que pide á Xunta de Galicia que poña fin ás batidas de raposo na Costa da Morte “pois a día de hoxe esta especie sofre a maior caída pobiacional da historia”. Os ecoloxistas cren que os datos son extrapolables a toda a provincia e por iso solicitarán que nos anos próximos non se concedan batidas de raposo. Os ecoloxistas sosteñen que “as batidas de raposo concédense con datos de fai 10 anos, non contrastados nin actualizados, cando houbo una certa expansión da especie, pero que a especie leva caendo desde 2005, desde fai tres anos os exemplares na comarca sufriron unha drástica redución, e o pasado ano foi o peor no medio século por distintas causas”. Aseguran ademais que a inusual seca afectou á presencia polo que “os exemplares actuais non son nin un terzo dos que había fai unha década na Costa da Morte, sendo xa especie vulnerable”. “Ademais boa parte dos raposos dos nosos montes presentan un aspecto lamentable, son exemplares desnutridos, cheos de enfermidades”. Imaxe dun club de caza galego Imaxe dun club de caza galego

Datos: a poboación de raposos é un terzo que hai unha década

Rafael Lema, do PX, explican como son estas batidas con cifras: Na maior parte das batidas son os propios cotos os que as organizan e controlan. Onde a Federación Galega de Caza organiza xornadas baixo o formato de campionato de caza de raposo obtéñense datos anuais sobre o número de exemplares. As batidas dos campionatos celébranse desde principios de xaneiro a mediados de febreiro. Cada cuadrilla está formada por 10 cazadores, un guía e un xuíz de campo. O tempo de caza é de 5 horas en campo (9:00 a 14:00). Os grupos actúan con suficiente distancia entre si, o que permite evitar superponer datos de observacións. Nun estudo tipo realizado fai 10 anos capturáronse en total 843 exemplares, deles 420 (49,82%) machos e 423 (50,18%) femias. O 39,86% eran novos, o 45,19% adultos e 14,95% gerontes. A densidade media da poboación invernal de raposos estimada para Galicia era de 2,71 exemplares/km2. As densidades pode variar regionalmente entre 0,1 e 30 raposos por quilómetro cadrado, dependendo da abundancia trófica e da presenza de especies competidoras de maior tamaño, como o cans asilvestrados (Canis familiaris), lobos (Canis lupus signatus) ou coyotes (Canis latrans). Pero, a día de hoxe os ecoloxistas indican que “a poboación actual na comarca e a provincia é un terzo da que apuntan estes datos, sobre todo fóra da zona periurbana”.

Dúas fins de semana máis

A tempada de caza terminou no día de Reis pero os cotos alargan o período hábil con batidas a distintas especies, como o raposo ou o xabarín, que cada TECOR debe solicitar e xustificar. As batidas de raposo na zona aínda se celebrarán en dúas fins de semana máis. Esta fin de semana de feito, celébrase o campionato de España de Caza en Dozón no que participarán 150 cazadores. Un feito considerado por grupos ecoloxistas como Verdegaia, Adega ou Libera, como un "asasinato masivo" deste simbólico animal.

Novas relacionadas

Fonte

&nbsp

comentarios