O concuso de desfile dos deseñadores noveis pecha a Mostra do Encaixe
17:10 26/03/16
A pasarela da Mostra do Encaixe pecha mañá domingo co concurso dos deseñadores noveis
A choiva e o vento que se está a rexistrar estes días festivos na Costa da Morte non impiden que unha gran afluencia de público visite a Mostra do Encaixe de Camariñas. A organización espera que mañá á tarde - último día da mostra - se rexistre un dos picos de afluencia debido aos desfiles finais dos deseñadores noveis que participan no concurso e á posterior entrega de premios. Ao longo destes días, xa se puido ver o derroche de imaxinación e creatividade en todos os traballos cos que desfilaron os deseñadores noveis, con estilos de todo tipo adaptados a cada ocasión. O último pase será ás sete da tarde de mañá domingo ainda que previamente, ás 13 e ás 16:30 horas, poderanse ver as coleccións das firmas e de novo o Pequeencaixe coas alumnas da Escola Municipal de Encaixe como protagonistas.
As firmas de Ana Cabranes, Claudina Mata, Claudina Mata, Devota & Lomba, Esteban Freiría, José Matteos, Sannmar Niños e Yono Taola son todo un exemplo da numerosas aplicacións que ten o encaixe no mundo da moda, con deseños para todos os gustos e estilos plasmados en vestidos de noiva, festa, roupa masculina,... Cristina Llama, Janet Schulz e Mar Balmón tamén desmotran que o encaixe se pode levar en complementos de todo tipo, desde pamelas ata diademas. As deseñadoras locais, Katy Mouzo e María Campaña, locen as súas orixinais creacións sobre a pasarela.
Na xornada de hoxe celebrouse o último encontro de encaixeiras procedentes de diferentes lugares. En total, durante estes días déronse cita en Camariñas un millar de palilleiras.
Recoñecementos
O concello de Camariñas recoñece durante estes días o traballo de moitas figuras que puxeron en valor a Mostra do Encaixe
O concello de Camariñas continúa co recoñecemento de moitas figuras que ao longo destes anos mostraron o seu apoio á Mostra do Encaixe e que fixeron posible que chegase á súa vixésimo sexta edición.
O alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, e a concelleira de Servizos Sociais e promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, entregaron respectivos pins de prata e diplomas á deputada Marisol Soneira e a título póstumo a Antonio Alonso Ballester, por ser un dos grandes impulsores deste certame.
Novas relacionadas
- O mal tempo obriga a aprazar o musical Keltia previsto dentro da Mostra do Encaixe
- A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Camariñas presentouse en Madrid.
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC ([email protected])
- Mostra do Encaixe