Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI

O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI
Desfile da Mostra do Encaixe de Camariñas -Foto-Amanda Fashion Room Lounge

Alá foi unha nova edición, e a van 23, da Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha Mostra que xa sabedes conseguiu convertir unha tradición en produto de moda, en valor económico, en futuro. E niso precisamente ten o seu fincapé posto. Ademais das centenares de palilleiras que demostran o seu arte en vivo, son os desfiles o verdadeiro motor da Mostra, e ese ano volveron ser un éxito.

Pola pasarela, este ano renovada de cores, pasaron propostas chegadas de todo o mundo: Estonia, República Checa, República Eslovaca, Hungría, Bulgaria, Rusia, Inglaterra, Suiza, Polonia, Portugal e Italia.

O Concurso de Deseñadores Noveis volveu ser o verdadeiro centro de atención. 29 propostas novedosas, nas que o encaixe pasa a convertirse no detalle, no toque artesanal e sensual, de prendas moi modernas, compartindo volantes con plásticos, e todo tipo de telas e complementos.
Foi a catalana Daniela Calamita a gañadora do primeiro premio, cun montante de 2.100€, ademais de gañar os 600 do premio do público. Por detrás, quedou o madrileño Carlos Justo.

Unha das novidades deste 2013 foi o I Encontro de Bloggers de Moda, que como nos conta Amanda de Fashion Room Lounge, foi unha nova experiencia, que serve ademais para que a rede siga espallando a clase e a elegancia do encaixe.

blogueiros e desenadores noveis compartiron experiencias na Mostra do Encaixe 2013-Foto-Amanda Fashion Room Lounge

Novas relacionadas

Esta Semana Santa na Costa da Morte

Fonte

Comentarios