Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Encaixe tamén é de Cee

O Encaixe tamén é de Cee
Mayte Castro na inauguracion da Expo do Encaixe en Cee Mayte Castro na inauguración da Expo do Encaixe en Cee

Despois das presentacións en Madrid e na Deputación, tocaba facelo na casa. Desta volta a comitiva da Mostra do Encaixe de Camariñas achegábase ao Centro Comercial Finsiterrae de Cee, para inaugurar a exposición que invitará a todos os visitantes a achegarse á Camariñas durante a Semana Santa.

O título da exposición é “Descubriendo Camariñas. Corazón de Encaixe”, e quen mellor que a modelo do cartel promocional Mayte Castro para darlle un toque de elegancia á cita.

A exposición resume os 25 anos da Mostra do Encaixe de Camariñas e o ano pasado estivo percorrendo varias cidades españolas como Madrid, Barcelona, Valencia e Ourense, para conmemorar os 25 anos do certamen. Recolle distintas pezas con varios estilos, desde vestidos de noiva, ata o ajuar doméstico ou complementos, así como fotografías do cuarto de século da Mostra.

A concelleira responsable da Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, aproveitou o acto para invitar a todo o mundo ao evento de Camariñas, que se inaugura o próximo 23 de marzo. A mostra estará na segunda planta do edificio comercial ata a Semana Santa.

Exposicion do Encaixe no Centro Comercial de Cee Inaugurando a exposición do Encaixe no Centro Comercial de Cee Novas relacionadas Fonte

Comentarios