Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán colle un novo radar de control marítimo

O Faro Vilán colle un novo radar de control marítimo

A Consellería do Medio Rural e do Mar instalou dous radares de alta frecuencia nos faros de Vilán, en Camariñas, e de Prior, en Ferrol, que detectan a intensidade e a dirección das correntes mariñas e da ondaxe e aportan a información en tempo real. Un sistema de grande utilidade para as operacións de salvamento marítimo e na xestión de accións asociadas á contaminación mariña.

“Trátase do primeiro sistema combinado de radares de Europa que permite ter cuberta e vixiada toda a fachada atlántica” salientou a conselleira, debido a que estes aparatos da Xunta compleméntanse cos outros dous que a Dirección Xeral de Mariña Mercante ten instalados nos faros de Fisterra, na Coruña e Cabo Silleiro, en Pontevedra.

Quintana explicou que estes aparatos -tipo SeaSonde LR-, permitirán xestionar de maneira máis eficaz o medio mariño.

Longo alcance

Unha das súas vantaxes é o seu alcance, que pode chegar a 200 km, dependendo da lonxitude da onda empregada. A maiores, as emisións son de baixa potencia e non entranan perigo ambiental algún. O funcionamento destes radares supón a ampliación do espazo de cobertura da rede galega de monitorización de correntes e ondaxe, incrementando o peso de Galicia na Rede Nacional de Radares AF (alta frecuencia), unha rede pioneira en Europa e impulsada por Portos do Estado.

Este sistema de medida de correntes superficiais e ondaxe foi adquirido polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) por 516.250 euros e entrou en funcionamento a finais do 2011. Os seus datos poden ser empregados polas autoridades responsables do salvamento marítimo, autoridades portuarias e polo resto da sociedade para as diversas aplicacións e usos relacionados co mar.

Ademais poden consultarse na web www.observatorioraia.org.

Novas relacionadas

  • ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras.
  • Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: A Estación Espacial Internacional, dende a terra .
  • Fonte

    • Xunta.

    Comentarios