Venres. 29.03.2024
El tiempo

O I Festival Legado de Tibu xa ten data e cartel

O I Festival Legado de Tibu xa ten data e cartel
Festival Legado de Tibu

Xa está armado. O “1ª Festival El Legado del Tibu” xa ten data e cartel. O sábado 12 de xullo, todos os que xa se teñen pegado unha boa molladura polo Tibu, están convocados na Praia de Ariño, en Xaviña, Camariñas. Un día para celebrar unha actividade que serviu para unir toda unha bisbarra a través da rede e da simpatía. E que como lle gusta a Damián Pereira, o mesmo Tibu, culminará cun Legado masivo. Ollo que o Macrolegado xa será ás 18:00h, para grabar un vídeoclip.

A cita comezará cunha pulpada e churrascada amenizada, como non, polos culpables da canción do verán, La Ricura, e a Charanga Compostela.

A partir das 23:00h, e ata as 10:00h, a música de verbena será substituída polos mellores djs, que farán bailar a todos os tibus da comarca.

Non se poderá acampar e haberá bnuses con saídas dende todas aprtes da provincia, e xa podedes reservar praza no 981 588 811.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios